1._Este ano o Día das
Letras Galegas estará dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Facede clic na
seguinte presentación.
2._Antes de nada escribide no voso caderno o seguinte título (con letras maiúsculas):
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
RICARDO CARVAHLO CALERO.
3._No vídeo que vedes a continuación coñeceredes datos
importantes da súa vida.
Mirade con moita Atención!
Aquí está o vídeo. En que ano naceu? En que cidade galega naceu?
4._Así asinaba os seus
libros o escritor:
Serías capaz de imitar
a súa sinatura? Inténtao e faino no teu caderno. Fixádevos
5._Agora tedes máis información sobre este gran autor.
Os seguintes carteis
están feitos por nenos e nenas. Ademais de escritor que outras cousas foi? Como se chama o seu primeiro libro de poemas?
6._Ponte a proba. Canto sabedes de Carvalho Calero?
Entrade no seguinte xogo-canción que fixeron estas nenas e copiade as respostas no teu caderno.
Entrade no seguinte xogo-canción que fixeron estas nenas e copiade as respostas no teu caderno.
7._Agora podedes
participar nun xogo online para buscar parellas de imaxes sobre o autor. A ver
como está a vosa memoria (para xogar mellor cando teñades o xogo diante,
clicade no símbolo para facer grande a pantalla).
8._Como xa
sabedes tamén escribiu poesía. No seguinte poema conta recordos da casa onde viviu o
escritor. Facede unha lectura en voz alta do poema.
POEMA: FERROL 1916
Cinco duros pagábamos de aluguer.
Era um terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava para o
Campinho,
e por diante para a rua de Sam
Francisco.
No segundo vivia a minha tia aboa:
Tiña unha peza cheia de paxaros
disecados
que só abria os dias de festa
para que os nenos disfrutásemos nela.
Ainda vivia minha mãe
e todos os meus irmaos viviam,
e em frente trabalhava o senhor Pedro o
tanoeiro,
e a grande tenda de efeitos navais
mantinha o seu trafego.
Na casa tinhamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o mue pai era novo ainda
e no mar do mundo cada dia descobria eu
unha ilha.
Via o mar da minha fiestra,
e chegavam cornetas da marinha.
E baixava os degraus duas vezes ao dia
para ir à escola,
e duas vezes rubia-os de volta.
As mulheres entom usavam capa e corsé,
e íamos à aldeia em coche de cavalos,
e a rua estava ateigada de pregons de
sardinhas
e de ingleses que vendiam Bíblias.
Eu tinha un pacto con Deus:
que ninguén dos meus morreria.
E o pacto era observado,
e eu confiaba na perenidade do pacto.
Todo isto fica tam longe
que aduro podo ainda lembrá-lo.
Esqueceria-o dentro de pouco tempo
se non escrebese estes versos.
9._ Copiade no caderno oito palabras do poema anterior que vos chamen atención por como están escritas. Por exemplo: bem, mulheres, tinha…
Están escritas desta maneira porque Carvalho Calero defendía que o galego e o portugués formaban parte da mesma lingua o galego-portugués.
10._Que
profesora aparece na foto que vedes abaixo?
Detrás dela
está a casa na que viviu Carvalho Calero en Ferrol. Está bastante deteriorada e necesita moito traballo de restauración.
11._Mirade estas tres caricaturas do
escritor.
Elixide unha e tratade de facela con moito cariño e paciencia.
Elixide unha e tratade de facela con moito cariño e paciencia.
Coidado, algún trasno meteu esta última imaxe! Pero xa vos dades conta que non ten nada que ver con Carvalho Calero.
- Primeira parte: Cada neno e cada nena teredes que gravar o audio dun fragmento do conto “As pitas baixo a choiva” e envialo ao whatsapp da profesora Nati (eu vos enviarei ao whatsapp o fragmento que vos toca gravar a cada un). Antes de gravar o audio é moi importante practicar para que saia superperfecto e con volume alto.
- Ilustracións para o conto: cada un de vos fará un debuxo da parte que lle tocou do conto e tamén terá que envialo ao whatsapp da profesora Nati.
Clicade aquí abaixo para ver o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario